Como tan sequera falar do Morrazo? Como se pode escribir sobre unha terra indómita? Como describir a unhas xentes curtidas pola sal e a pedra? É posible atopar as verbas para facer entender un sentimento de pertenza a un lugar máxico?
A min, dende logo, éme imposible. Por iso considero que quizás o mellor sexa falar dende as orixes, comezando polo principio, por aquilo que nos caracteriza como pobo: a nosa ría. E para facelo vexo necesario remitirme a unha manifestación que se encontra máis aló do entendemento e que resulta esencial para describir todo aquilo que non se pode transmitir racionalmente: a música. A continuación comparto unha cantiga de Martin Códax, cantiga que pode considerarse un exemplo dos inicios dunha larga traxectoria de música e poesía culta galega que é, desgraciadamente, descoñecida para o público na súa maior parte.
Martin Códax foi un trobador que se sitúa entre os séculos XIII e XIV, non sabendo con exactitude datos biográficos concretos sobre el, e resulta unha das principais figuras dentro da lírica galaico-portuguesa. Conservamos sete cantigas da súa autoría (tendo seis delas notación musical) que se atopan no pergamiño Vindel. Este pergamiño curiosamente foi atopado polo libreiro Pedro Vindel en 1914, xa que formaba parte da coberta dun libro de Cicerón.
Sen meterme máis en campos literarios nin musicais, posto que en canto á lírica galaico-portuguesa poderíase facer toda unha enciclopedia, gustariame expresar por qué me parece adoitado poñer este exemplo musical como perfecta descripción do espíritu da ría de Vigo. O primeiro, e o máis claro, é porque apela directamente ao mar de Vigo como elemento distanciador dos amantes. O segundo, e facendo unha interpretación completamente persoal, é porque entendo que o mar para nós é un símbolo de nostalxia, chegando a producir verdadeira morriña cando nos afastamos do seu carón. O mar non só é o noso medio de subsistencia senón tamén forma parte da terra (nación) e do noso paisaxe, configurando a cultura e idiosincrasia, sendo capaz de chegar aos recunchos máis agochados da alma coas lembranzas da súa frescura, o seu ímpeto, o seu cheiro e a súa cor.
https://www.youtube.com/watch?v=v6oGxNCt0pA
Ondas do mar de Vigo.
se vistes meu amigo?
E ai Deus!, se verra cedo?
Ondas do mar levado,
se vistes meu amado?
E ai Deus!, se verra cedo?
Se vistes meu amigo,
por quen eu sospiro
E ai Deus!, se verra cedo?
Se vistes meu amado
por quen ei gran coidado
E ai Deus!, se verra cedo?
Ondas do mar de Vigo.
se vistes meu amigo?
E ai Deus!, se verra cedo?
Ondas do mar levado,
se vistes meu amado?
E ai Deus!, se verra cedo?
Se vistes meu amigo,
por quen eu sospiro
E ai Deus!, se verra cedo?
Se vistes meu amado
por quen ei gran coidado
E ai Deus!, se verra cedo?